rivera motor

Rivera Motor

Rivera Motor foi fundada en 1978 como servizo de pneumáticos e desde 1984 incorpora servizos de mecánica multimarca.

En 1998 trasladámonos ao polígono industrial de Tella (Ponteceso) a unhas novas instalacións de 600m2 .

Os nosos valores baséanse na atención ao cliente por encima de todo e a calidade do traballo realizado.

Os nosos mecánicos posúen unha formación continua e unha ampla experiencia nas áreas máis innovadoras da automoción, para levar a cabo calquera tipo de reparación.

Dispoñemos de toda a electrónica necesaria para reparar o seu vehículo sen perder a garantía de fábrica do seu coche e sen que inflúa na súa vida diaria ao dispoñer de coche de substitución e servizos de recollida e entrega .